Ana Pontón pide "ensanchar e ampliar" o BNG no 40 aniversario do nacemento da formación

Ana Pontón pide "ensanchar e ampliar" o BNG no 40 aniversario do nacemento da formación
O acto tivo lugar no Frontón de Riazor /Patricia G. Fraga

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pediu "ensanchar e ampliar" a formación no 40 aniversario do seu nacemento, que se ha celeberado este sábado no Frontón Municipal da Coruña --lugar que acollía fai catro décadas a fundación do BNG--.

 

Arroupada de nacionalistas históricos como Camilo Nogueira e por líderes da formación máis recentes como o deputado no Congreso polo BNG, Néstor Rego, ou o coruñés, Francisco Jorquera, Pontón marcou como "gran reto político, abrir o BNG a todos".

 

"Ser do BNG é un acto de amor con Galicia, un compromiso vital coa nación. Temos que confiar en Galicia e converter ese sentimento en nacionalismo político consciente; abrir o BNG a todos", defendeu.

 

Esa apertura, apuntou a líder nacionalista, debe basearse nun "nacionalismo sen peros, nin matices nin adxectivos". "Ser nacionalista é o máis cosmopolita que hai: querer cambiar o mundo desde o máis próximo", asegurou.

 

Ademais da clave nacionalista, Pontón apuntou na súa intervención dúas razóns máis que fan "forte ao BNG 40 anos despois": os seus militantes e as súas políticas en clave galega. "Fomos capaces de buscar solucións adaptadas á sociedade. Cando quixemos copiar a outros, debilitámonos. Apostar por solucións alternativas e en clave galega, dános credibilidade", sinalou.

 

A portavoz nacional encomiou que o BNG fose capaz de evolucionar coa sociedade, aínda que non entrou en como se ha ir desenvolvendo esa evolución política. Si o fixo na social, lembrando a situación socioeconómica en 1982 e comparándoa coa de 2022.

 

A este respecto, apostou porque sexan os galegos os que tomen "as súas propias decisións" e remarcou que o Bloque "non ten ataduras nin con Madrid, nin con Bruxelas nin cos grandes lobbies económicos".

 

Sobre isto, lembrou algunhas das iniciativas nacionalistas para que "a crise non volva ser un mazazo para os galegos" --como a tarifa eléctrica galega-- e criticou as últimas decisións da Xunta, asegurando que "o estilo Rueda é o mesmo que o de Feijóo: facer caso do que diga Madrid".

 

"O máis necesario --e que non está a facer o PP, censurou-- é pór a Galicia por diante. Hagámoslo", concluíu Pontón, que foi despedida cunha ovación entre berros de 'Presidenta' e 'Galiza Ceibe, poder popular'.
 

Ana Pontón pide "ensanchar e ampliar" o BNG no 40 aniversario do nacemento da formación

Te puede interesar