O colexio Gándara-Sofán renderá unha homenaxe á cantareira Consuelo dos Queixos

O colexio Gándara-Sofán renderá unha homenaxe á cantareira Consuelo dos Queixos
Xabier Díaz estará na homenaxe a Consuelo Vázquez

O colexio carballés de Gándara-Sofán renderá homenaxe o vindeiro 19 de maio a Consuelo Vázquez Souto, unha cantareira de Verdillo coñecida como Consuelo dos Queixos, debido á súa profesión, xa que durante moitos anos adicouse a vender queixos, e que faleceu no ano 2021.


O acto será ás 12.00 horas no pabillón polideportivo do centro. Como mestre de cerimonias acudirá o músico Xabier Díaz. Precisamente, Consuelo Vázquez inspirou algún traballo do artista. O título “O salón das cereixas” xurdiu despois dos seu contacto con Consuelo Vázquez na recollida dos cantos. 


O antigo salón de baile de Verdillo estaba o lado dunha cereixeira e de aí ven este título. Xabier Díaz presentaba tamén a semana pasada en Carballo o seu Cancioneiro Galego Serodio, froito das recollidas que durante moitos anos fixo polas aldeas, entre elas moitas de Bergantiños. O Concello carballés continúa estes días como programación das Letras e onte empezaron os espectáculos de María Faltri nos centros escolares. 

O colexio Gándara-Sofán renderá unha homenaxe á cantareira Consuelo dos Queixos

Te puede interesar