Heredeiros, cornos e Tanxugueiras

Heredeiros, cornos   e Tanxugueiras

Dicía o portavoz do PP de Catoira esta fin de semana, sen dicir cales, que acordara coa Xunta dous grandes concertos para a internacional Romería Vikinga. Razón non lle faltaba, porque acábase de confirmar a presenza dos Heredeiros da Crus e de Tanxugueiras, que van facer o agosto este verán por toda Galicia, con permiso ou a pesar de Chanel. Que voltas, musicais e políticas, que da a vida. Quen lle ía dicir ás Tanxugueiras que non ir a Eurovisión lles ía vir tan ben. E quen lle ía dicir a Catoira deste estraño mandato, que comezou cun alcalde do BNG, seguiu o do PSOE pero é o edil do PP o que aparece sempre na foto. FOTO: tonhito de poi, co acostumado casco | cedida

Heredeiros, cornos e Tanxugueiras

Te puede interesar